O
Grupo municipal socialista de
Fene reivindicou
na reunión da Comisión de Dinamización Social e Transparencia do venres
salientou a falta de compromiso pola educación no concello de Fene do
presidente-alcalde xa que á primeira reunión constitutiva do Consello Escolar
Municipal non asistiu o representante das dirección dos centros educativos do
concello. Os socialistas entende, e así o manifestaron na citada comisión
informativa, que debería ser o alcalde como presidente do concello quen
convocase directamente a una reunión formal aos responsables das dirección dos
centros educativos para elixir democráticamente ao seu representante neste
máximo órgano en materia educativa.
Na
mesma comisión informativa os socialistas instaron á presidenta da comisión, e
responsable da concellería de Benestar Social e Igualdade, a que xunto coas
traballadoras do seu departamento estableza un protocolo de actuación para que
as axudas de emerxencia social non rebasen os 6 meses en resolverse. Piden que
o protocolo serva para ter un seguimento puntual de aquelas axudas de
emerxencia que se van demorando no tempo por diversos motivos xa que do
contrario deixan de cumprir os seu cometido de atender a una emerxencia saíndo
gravemente prexudicados os vecinos e veciñas que se ven avocados a solicitalas.