O colectivo Polo Correo do Vento visita este venres, 12 de maio, a
B.P.M “Xosemaría Pérez Parallé” de Fene onde presentará a partir das 18 horas “Os xoguetes de Clío”. Trátase
dunha actividade de contos e debuxos baseada na vida e obra de Carlos Casares, o personaxe homenaxeado este
ano no Día das Letras Galegas.
En
“Os xoguetes de Clío”, Enrique Mauricio e Carlos Taboada narran a historia de
Carlos Casares, achegando aos/ás participantes pinceladas da obra e vida do
autor. No marco desta actividade, coa que a biblioteca de Fene conmemora o Día
das Letras Galegas, os nenos/as aprenderán a facer unha caricatura do escritor,
guiados polo debuxante Carlos Taboada
A actividade está recomendada para nenos/as a partir de 3
anos. A entrada é libre ata completar o aforo.
Polo Correo do Vento é un
colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co
fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o
desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.