O cuarteto de
swing, boogie-woogie e dixieland Las Lollipops protagoniza este venres a
segunda función do ciclo “Sons Diversos” que organiza a Concellería de Cultura
de Fene no marco do programa “Cultura no Camiño”. A actuación comezará o venres
26 de maio, ás 20.00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. De
Conces, 20-22, Fene). A entrada será de
balde e libre até completar o aforo (120 localidades).
Las Lollipops
& piano rende homenaxe ao trío vocal “The Andrew sisters”, especialista en
swing, boogie-woogie, e novidosos hits con selo persoal. Nos seus concertos, o
grupo formado por Paula Romero, Marián Ledesma, Paty Lesta e Cristian Leggiero
(piano), convida ao espectador “a vivir unha experiencia inolvidable, deixando
patente a elegancia e o espírito da década máis glamurosa do século XX”.
O ciclo “Son Diversos"
desenvólvese durante a segunda quincena de maio e primeira de xuño no salón de
actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene). Trala actuación desta
semana, o programa continuará o
vindeiro venres, 2 de xuño, con Amparo Arias e Roger de Flor; feneses,
irmáns e socios musicais, que amosan no seu espectáculo conxunto a súa
particular maneira de entender a vida, a música e a arte a través de cancións
dos seus respectivos traballos discográficos, con algunhas adaptacións de xoais
ocultas do pop-folk galego e universal, a algún que outro poema musicado.