Pin It

Widgets

Letras Galegas 2017 adicadas a Carlos Casares, no Círculo Mercantil de Fene



Con motivo do Día Dás Letras Galegas, o Círculo Mercantil Industrial Unidade de Fene, un ano máis decide sumarse aos festexos para conmemorar a obra de Carlos Casares, celebrará o sábado 13 e o mércores 17 de maio co seguinte programa.

Sábado 13 de maio:
 As 21:00 horas, presentación do libro gañador da XXIX edición do premio nacional de poesía "Xosemaría Pérez Parallé". Libro titulado: "Nomes de fume" da autora Miriam Ferradáns Ferradás e editado por a editorial Espiral Maior, o remate a actuación da Escola de música "BellónMaceiras".

Mércores 17 de maio:
 As 20:00 horas. misa por todos os socios falecidos na parroquia do Diviño Salvador de Fene
As 21:00 horas conferencia a cargo do escritor e periodista don Ramón Loureiro, a continuación entrega da insignia de prata aos socios que levan 50 anos na sociedade, de seguido a actuación da rondalla "Estrelecer" e para rematar esta xornada das Letras Galegas servirase unha farturenta queimada acompañada de proia para todos os asistentes.

Sábado 20 de maio:
 As 21:00 horas teatro a cargo do grupo de teatro do C.M.I. Unidade "Xosemaría Pérez Paralle" dirixido por Xosé Bonome, coa estrea da obra "Ulises".
Tags: , , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.