OS NENOS/AS QUE AÍNDA NON SE
INSCRIBIRAN, PODERÁN FACELO O MESMO DÍA DA CARREIRA DE 9.30 A 10.30 HORAS
Ao
redor de cincocentos nenos/as participarán este domingo, 28 de maio, na XXIV
Milla Escolar “Concello de Fene”, organizada pola Concellería de Deportes. A proba desenvolverase na Avenida do Mar de
San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira, aínda que, no caso de mal tempo,
trasladarase ao interior do pavillón polideportivo da Xunqueira.
A
Milla Escolar “Concello de Fene” é unha actividade dirixida a nenos/as de 3 a
16 anos. As carreiras comezarán o domingo ás 11:00 horas e concluirán sobre as
12:30 horas, sendo os primeiros participantes os rapaces/as das categorías
superiores (Cadetes) e os últimos os da categoría Prebiberón 1.
Segundo
se establece no regulamento da proba, as
categorías diferéncianse por anos de nacemento e aulas (ou idades
equivalentes á idade correspondente de cada curso). Deste xeito, favorécese a
participación de nenos e nenas da mesma aula, sobre todo nas categorías
inferiores. Ademais, en todas as categorías diferénciase entre masculino e
feminino.
- Categorías e distancias:
CATEGORÍA
|
Aula equivalente
|
Distancia
Volta grande: 300 mts
Volta
pequena: 200 mts
|
CADETE
|
aulas 3º e 4º de
ESO (nacidos/as en 2.001 e 2.002)
|
1.000 m.
|
INFANTIL
|
aulas 1º e 2º de
ESO (nacidos/as no 2.003 e 2.004)
|
800 m.
|
ALEVÍN
|
aulas 5º e 6º de
primaria (nacidos/as en 2.005 e 2.006)
|
500 m
|
BENXAMÍN
|
aulas 3º e 4º de
primaria
(nacidos/as en 2.007 e 2.008)
|
300 m
|
PREBENXAMÍN
|
aulas 1º e 2º de
primaria (nacidos/as en 2.009 e 2.010)
|
200 m
|
BIBERÓN
|
aula de infantil de
5 anos (nacidos/as no 2.011)
|
100 m
|
PREBIBERÓN 2
|
aula de infantil de
4 anos (nacidos/as no 2.012)
|
50 m
|
PREBIBERÓN 1
|
aula de infantil de
3 anos (nacidos/as no 2.013)
|
50 m
|
Os participantes das categorías dos
cursos de Educación infantil (“Prebiberón 1”, “Prebiberón 2” e “Biberón”), así
como as categorías prebenxamín (1º e 2º de primaria) e benxamín (3º e 4º de
primaria) non sairán todos xuntos, senón
por quendas de 10 participantes aproximadamente, para evitar aglomeracións na
saída que poidan provocar caídas. Por este motivo non se realizará a medición dos primeiros
clasificados nestas categorías e non haberá trofeos, aínda que sí haberá
medalla para tódolos participantes.
Ao remate de cada proba terá lugar a
entrega de medallas a tódolos participantes e unha vez que finalicen todas as
carreiras entregaranse trofeos aos tres
primeiros clasificados das categorías Alevín (5º e 6º de primaria), Infantil
(1º e 2º da ESO) e Cadete (3º e 4º da ESO), masculino e feminino.
No caso de organizar a carreira no
interior do pavillón da Xunqueira, realizarase un circuíto en redondo de
aproximadamente 125 metros, no que o percorrido se determinará por voltas e a
distancia establecida inicialmente pode
variar para adecualo a voltas completas.
A
circulación dos asistentes desenvolverase polas rúas transversais de San
Valentín, deixando rúas alternativas de entrada e saída. Ademais contarase cos
aparcadoiros da entrada de San Valentín. Efectivos da Policía Local e de
Protección Civil indicarán aos participantes o lugar de aparcadoiro e rúas de
circulación.
A
“Milla Escolar” é xa unha das probas clásicas e consolidadas do Concello
de Fene, cunha participación aproximada de 500 nenos e nenas de toda a
bisbarra.
Para
calquera dúbida os interesados poden chamar ao Departamento de
Cultura e Deportes. Teléfono 607 615 962 ou 981 340 366