AS
XIMNASTAS DO CLUB FENÉS ACADARON UN TOTAL DE 25 MEDALLAS NO TORNEO QUE SE CELEBROU A PASADA FIN DE SEMANA EN
ELVIÑA
O Club Ximnasia Artística
Ferrolterra volve estar de noraboa a tenor dos excelentes resultados que veñen
de acadar as súas ximnastas no Campionato Galego de Ximnasia Artística Feminina
que tivo lugar na cidade da Coruña o pasado sábado: nove medallas de ouro, seis
de prata e 10 de bronce. Ao éxito acadado súmase agora tamén o feito de que
algunhas ximnastas do club vaian participar en breve no Campionato de España
que se celebrará en Valladolid do 10 ao 16 de xullo.
As ximnastas do Club Ximnasia
Artística Ferrolterra que subiron ao podio no Campionato Galego de Ximnasia
Artística Feminina 2017 foron:
Categoría Inigym
1 (6 anos)
- Emma
Ares Viñas - Medalla ouro na suma
dos catro aparatos.
Categoría Inigym 2 (7 anos)
- Irene Sequeiro Lorenzo - Medalla de ouro
na suma dos catro aparatos.
Categoría Promogym 1 (7, 8, 9 anos)
- Icia
Arroyo Alvarez - Medalla de ouro en chan
Categoría Promogym 3 (10 e máis anos)
- Tyesha Vicente Humpries - Medalla de ouro
en barra e medalla de bronce na xeral dos catro aparatos
- Judith Lago Varela - Bronce en chan, ouro
en asimétricas e medalla de prata na clasificación Xeral.
- Alba Iglesias, Paula Parada, Ainhoa Tenreiro, Tyesha Vicente
Humpries e Judith Lago Varela - Campioas Galegas por equipos.
Categoría
Nivel 1 (idades de 7, 8 e 9 anos)
-
Andrea Martín Iglesias - Medalla de bronce en salto, chan e barra.
-
Alba González Gorgullo- Medalla prata en asimétricas e medalla de bronce na xeral suma dos catro
aparatos.
-
Lola Cainzos Díaz, - Medalla de bronce en asimétricas, medalla prata en barra e
chan e medalla de prata na xeral dos catro aparatos (polo tanto Subcampioa
Galega de Nivel 1).
Categoría
Nivel 2 (idades de 11 anos e menos)
-
Cintia Fernández Sanmartín - Medalla de bronce en asimétricas e salto e medalla
de bronce na Xeral.
-
Tatiana López Rivas - Medalla de ouro en chan, salto e paralelas, medalla
de prata en barra, e medalla de ouro
na xeral (e, polo tanto, Campioa Galega de Nivel 2 Pequenas).
Dende
o Club Ximnasia Artística Ferrolterra faise unha valoración “moi positiva” dos
resultados acadados polas súas ximnastas neste Campionato Galego. Así, a través
dun comunicado, a entidade asegura que “se cumpriron os obxectivos marcados,
tendo en conta que tódalas ximnastas competiron nunha categoría ou nivel superior ao ano anterior”. No mesmo
documento, agradécese o traballo das/os adestradoras/es (Gaby Doce, Carmen Carballeira, Juncal Martín, Sonia Busto, Borja Díaz e Olalla Sas) aos que se felicita
polos resultados conseguidos.