Trala actuación da banda de gaitas Airiños de Fene
que inaugura esta tarde o ciclo do Día da Patria Galega no Concello de Fene,
mañá martes 11 de xullo actuará na praza
do alcalde Ramón Souto González o Mago Paco co seu espectáculo “Hocus Pocus”. A
función comezará ás 22.00 con entrada libre e baixo carpa.
Co seu habitual ton humorístico, o Mago Paco
ofrecerá desta vez en Fene un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, de
cores e de moitas sorpresas. Nel, os nenos/as que asistan poderán xogar, rir,
brincar, actuar…formando parte activa dun mundo máxico e cheo de emocionantes
aventuras.
A maxia do Mago Paco caracterízase por unha posta
en escena chea de elementos visuais moi rechamantes. Así, ningún dos seus
espectáculos é igual. Todo depende da resposta do público – sobre todo dos/as
máis pequenos/as- xa que é un espectáculo pensado por e para eles.