A
Concellería de Deportes de Fene organiza para o sábado 30 de decembro a
Carreira Popular “V San Silvestre – Concello de Fene” que se desenvolverá polas
rúas do termo municipal a partir das 17.00 horas. A saída e a meta estarán
situadas diante da Casa do Concello (Avda. do Concello, s/n). As persoas
interesadas en apuntarse, poden facelo a través da páxina web da Federación
Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.org,
dende hoxe até o vindeiro 26 de decembro ás 23.59 horas (non se admitirán
inscricións presenciais o mesmo día da proba).
As
inscricións para a “V San Silvestre-Concello de Fene” terán un custe de 2 euros
para os/as participantes da carreira adulta e serán de balde para os/as
nenos/as e mozos/as que se apunten ás carreiras de menores. Ademais, o día da
proba realizarase unha recollida solidaria de alimentos polo que se anima a que
todas as persoas que participen ou asistan como público colaboren aportando
paquetes ou caixas de alimentos non perecedoiros.
As
persoas que se apunten, tanto na carreira popular (adultos ou menores) como na
andaina, deberán retirar os seus dorsais o venres 29 de decembro no Pavillón da
Xunqueira-San Valentín, de 9.00 a 13:30 e de 16.00 a 22.00 horas, ou o sábado
30 de decembro no Salón de Plenos da Casa do Concello, de 10.30 a 13.30 e de
15.30 a 16.30 horas.
Tal e
como se establece no regulamento da proba, a Carreira Popular “San Silvestre de
Fene” está aberta a todos os atletas, federados ou non. Como novidade, nesta
edición os primeiros en correr –a partir das 17.00 horas- serán os/as menores
que percorrerán distancias entre os 100 metros e os 2.600 metros, atendendo ás
seguintes categorías:
Unha
vez finalizadas as probas de menores, ao redor das 18.30 horas, comezará a
carreira dos/as maiores na que os/as participantes percorrerán unha distancia
de 3.800 metros, atendendo ás seguintes categorías.
E xa,
por último, ao redor das 18.40 horas, efectuarase a saída da Andaina que terá
un percorrido de, aproximadamente 2.600 metros.
PREMIOS
Recibirán
un obsequio os/as tres primeiros/as clasificados/as das categorías Sub 10, Sub
12, Sub 14, Sub 16 e Sub 18, masculino e feminino, e os/ás tres primeiros/as
clasificados/as das categorías Sub 20-23–Sen e Máster 1, 2, 3 e 4, masculina e
feminina. Tamén serán agasallados todos os/as participantes das categorías
Pitufos e Prebenxamín.
Máis
información:
No pavillón polideportivo da
Xunqueira (San Valentín). Tfno. 981 492 804
No departamento de Deportes do
Concello de Fene. Tfno. 981 340 366
Na páxina web do Concello de
Fene (www.fene.gal )