O ‘turismo slow’, a paisaxe
costeira, o Parque Natural Fragas do Eume, o Camiño Inglés e o de Santo André
de Teixido están entre os recursos máis destacados
O delegado territorial da Xunta
na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou esta tarde o balance das accións de
promoción do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas, realizadas ao longo de
2017, en representación de Turismo de Galicia e convidado pola Mancomunidade de
Concellos da Comarca de Ferrol.
Rodeiro sinalou que “a Xunta de
Galicia lidera, a través de Turismo de Galicia, o desenvolvemento turístico da
nosa comunidade, para impulsar este sector e facer que cada vez teña máis
importancia na nosa economía e na nosa sociedade”. O delegado agradeceu a
“inestimable colaboración dos concellos, máis tamén debemos incidir no apoio e
no compromiso das asociación e organizacións do sector turístico, dos
profesionais e empresas do sector, e coa implicación do tecido social que
estrutura o noso territorio
A Xunta de Galicia aprobou e
puxo en marcha a nova Estratexia do Turismo de Galicia, que ten como obxectivo
“consolidar en 2020 a nosa comunidade como un destino turístico competitivo,
sustentable e diferenciado a nivel global”, manifestou. Esta folla de ruta do
turismo galego, que contará cun investimento de máis de 240 millóns de euros,
aposta pola fortaleza e a competitividade do Destino Galicia. Rodeiro explicou
que “o Plan establece entre os seus obxectivos “incrementar o número de
turistas nun 21%, ata superar o os seis millóns de visitantes en 2020”. O Plan
avanza máis de 350 propostas para potenciar a dimensión turística dos
Xeodestinos.
A Mancomunidade de concellos da
comarca de Ferrol e Xunta de Galicia teñen asinado un convenio para a promoción
e o desenvolvemento do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, “cunha programación
de actividades relacionadas coa dinamización e o fomento do turismo na comarca
como destino turístico nacional e internacional”. O ano pasado este destino
presentou una evolución positiva, “en liña co bo comportamento que tamén
tiveron as cifras do sector turístico na totalidade da nosa Comunidade, que
acadaron un total de 4,9 millóns de visitantes”, indicou.
Ovidio Rodeiro destacou as paraxes
de alto valor natural e paisaxístico que o converten a Ferrolterra-Rías Altas
nun destino único e diferenciado, en particular, a Costa Ártabra, o parque
natural Fragas do Eume e o lugar de Xubia-Castro, ademais de ser un dos puntos
de partida do Camiño Inglés en Galicia e un referente no eido do turismo
industrial. No convenio anual que fai posible este aproveitamento plásmense os
compromisos das diferentes administracións e se recolle un investimento de
75.000 euros, dos que Turismo de Galicia achega o 80%.
Entre as actuacións
planificadas no pasado ano, Ovidio Rodeiro mencionou a promoción do destino
turístico tanto en internet como en soportes físicos, feiras ou espazos de
grande afluencia; a difusión e comercialización do “turismo slow”, para que se
amplíe a todas as empresas potencialmente interesadas e medre o coñecemento
entre viaxeiros interesados; o impulso ao produto Costa das Ondas desenvolvendo
actuacións como as destinadas a promocionar os produtos turísticos ligados ao
surf, ou o destino Camiños da Peregrinación, aproveitando as singularidades que
teñen o Camiño Inglés e o Camiño a San Andrés de Teixido.
“Unha das experiencias máis
impresionantes deste destino é a interpretación da paisaxe costeira, un Espazo
Natural Protexido case na súa totalidade”, manifestou o delegado. “Queremos
ofrecer unha perspectiva distinta dela, no só desde terra senón tamén desde o
mar, coa vista nos turistas náuticos, cruceiristas e viaxeiros que puntualmente
realizan rutas en barco”. Ovidio Rodeiro rematou lembrando que “a colaboración
entre administracións, sitúanos no camiño axeitado para aproveitar e fortalecer
a marca turística Ferrolterra como parte esencial do destino Galicia”.
Fuente: Xunta de Galicia