Xa
se retirou o lixo que inundaba as beirarrúas do tramo central
da ponte , e se procedeu á limpeza da
vexetación herbácea das marxes das calzadas.
Desde
o C.P. S. esperamos que estes traballos se completen cunha reparación das
varandas metálicas, polo menos nos tramos máis deteriorados; e que rematen con
medidas, como a instalación de papeleiras...etc, que aseguren unha limpeza
periódica dunha vía de acceso tan emblemática de Ferrolterra como é a Ponte das
Pías.
“Nunca é tarde si a dita é boa” poderíamos
exclamar con retranca ao contemplar como nestes días pasados se levaron a cabo
os traballos de limpeza na Ponte das Pías. Cúmplense agora 4 meses desde que o
C.P. S. de San Valentín fixese por
escrito as primeiras reclamacións neste sentido.
A Xunta
Directiva do C.P.S. de San Valentín