Asociación cultural O Tadetas chama a toda
a cidadanía de Fene e participar nos actos do Entroido, recuperando a esencia
dunha festa que consiste fundamentalmente na sátira do poder. Como o Carnaval
tradicional, comparsas, coplas e disfraces deben rirse e criticar ao alcalde,
ao presidente da Xunta, ao presidente do goberno, á igrexa, a garda civil e a
todas as autoridades.
O Tadetas reclama asimesmo que nas futuras edicións do
Entroido se teña en conta ao movemento asociativo, verdadeiro depositario do
que foi a festa máis importante de Fene durante anos. "O goberno que
presidiu Xosé María Rivera Arnoso así o comprendeu pero non vemos a mesma
actitude no actual alcalde". A Corporación de Fene decidiu en 1988
homenaxear a Xoan Rodriguez Carballo "O Tadetas" recoñecendolle o manter
vivo o Entroido en Fene, en plena dictadura franquista e nós queremos lembrar e
manter vivo aquel homenaxe.
Un saúdo
Asociación o Tadetas
Fene 10-02-2018