Desde mañá o organismo provincial
asumirá a xestión integral destes ramais
O Diario Oficial de Galicia fai
pública hoxe e Vivenda a transferencia da titularidade duns ramais do enlace da
autovía Ferrol-Vilalba á Deputación da Coruña por parte da Consellería de
Infraestruturas e Vivenda..
O cambio de titularidade afecta
os ramais de enlace entre a AG-64 e as estradas provinciais Momán- As Pontes
(DP-7001) e Medoñas- Ponte do Souto (DP-7003), situados ambos os dous no
Concello das Pontes. tal e como recolle o Decreto aprobado o pasado 1 de marzo
no Consello da Xunta.
A Deputación da Coruña asume
así a titularidade dos ramais que conectan as estradas provinciais coa parte
sur da rotonda de enlace do punto quilométrico 36+730 da autovía, a DP-7003,
coa parte norte da rotonda do enlace do Pq. 36+730 da autoestrada; e o de
aproximadamente 274 m de lonxitude que conecta a DP-7001 co norte da glorieta
do enlace do punto quilométrico 36+730 da AG-64.
O enlace do punto quilométrico
36+730 da AG-64 seguirá sendo de titularidade autonómica, incluíndo a rotonda
superior e os catro ramais do enlace correspondentes coas entradas/saídas entre
o tronco da autoestrada e a glorieta.
Deste xeito, tal é como recolle
o DOG (https://goo.gl/fvPTje)
desde mañá o organismo provincial asumirá as actividades de xestión, mantemento,
conservación e explotación destas vías, exercitando ademais as funcións de
disciplina viaria correspondentes como titular destas estradas.
Cumpre lembrar que a Deputación
da Coruña solicitou a Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de
titularidade deste ramais, sendo informado favorablemente do cambio de
titularidade a Axencia Galega de Infraestruturas.
Fuente: Xunta de Galicia