Xoves, 17 de maio:
As 20,00 horas Misa cantada en galego, na Parroquia do Diviño Salvador de Fene, en lembranza dos socios fallecidos.
As 21,00 horas Conferencia a cargo da filóloga galega, Aurora Valentina Varela Caabeiro sobre a homenaxeada, María Victoria Moreno. a continuación, entrega da insignia de prata aos socios que levan 50 anos na sociedade, de seguido a actuación da rondalla "Estrelecer" e para rematar esta xornada das Letras Galegas servirase unha farturenta queimada acompañada de proia para todos os asistentes.
Sábado, 19 de maio:
As 20,00 horas presentación do libro gañador do XXX Certame Nacional de poesía "Pérez Parallé", título da obra: "As Casas", Autor: Carlos Lixó Gómez, editado por Espiral Maior, coa presencia do autor. Os actos péchanse coa actuación de Paloma Suánces.
Ao finalizar os actos servirase un pequeno refrixerio