O actual alcalde, o popular
Gumersindo Galego, foi incapaz entre 2011 e 2015 e agora dende o 6 de abril do
2018 de xestionar o servizo municipal de auga e saneamento.
Existindo un contrato de
concesión coa empresa Viaqua, e existindo unha prórroga que rematou en novembro
pasado, que fixo o actual alcalde?
O BNG na alcaldía en 2015 e 2016 decidiu non pagar un canon que como os
gobernos anteriores tampouco pagaron dende 2008 polo complexo do cálculo e a
falla de informes técnicos aclaratorios suficientes.
A empresa reclamou e dúas
ocasións, a primeira no mandato de Gumersindo Galego en 2011 e a segunda a
principios do ano 2018. Na primeira a empresa reclamaba máis de 300.000€, o
xulgado deulle a razón á empresa e instou ao Concello a calcular o canon a
pagar. É neste punto e non outro no que
o alcalde nacionalista e logo voceiro do BNG na oposición dixo que había que
chegar a un acordo con Viaqua, xa que a sentenza é de obrigado cumprimento.
A segunda ocasión na que
reclama Viaqua é pouco antes da moción de censura, reclama porque o goberno do
BNG tampouco pagou o canon en tanto non se resolvera a execución da sentenza do
primeiro xuízo.
Agora parece que o xulgado
lle da a razón ao Concello aos impagos do goberno do BNG. Do que podemos
deducir que no primeiro caso de impago algo fixeron mal os de PP para perder ese
primeiro xuízo.
Gumersindo Galego minte cando afirma que Trigo quería pagar, e por outro lado so acredita a súa incapacidade de xestionar un
servizo básico. No seu mandato non se estendeu a rede de auga nas zonas altas
do concello nin se puxo sobre a mesa a alternativa á actual concesión prórroga.
Por último reiteramos o noso
mal estar polas formas deste goberno escurantista. O BNG infórmase deste asunto
pola prensa e non polo alcalde que mal dirixe o Concello de Fene e que usa a
institución dun xeito partidista enlamando con mentiras e falsas acusacións.