Pin It

Widgets

A entrega dos premios Curuxa 2020 será de carácter virtual e retransmitida en directo

O Concello de Fene organizou para este venres, ás 20.00 horas, un encontro virtual cos gañadores do XXIV Concurso de Humor Gráfi co “Curuxa do Humor”, adaptando así a cerimonia de entrega da convocatoria ás actuais circunstancias derivadas da pandemia da Covid-19. Tomarán parte no encontro os gañadores: Sebastià Martí Benedí (1º Premio Curuxa), Robert John Holt Schmelzer (2º Premio Curuxa), Hugo Feal Dopico (1º Premio Curuxa Nova) e Luciano Ripio Molina (2º Premio Curuxa Nova). Participarán tamén o alcalde de Fene, Juventino Trigo; o concelleiro de Cultura, Justo Martínez; e os voceiros dos diferentes grupos municipais do Concello.

A entrega virtual será retransmitida en “streaming”, en tempo real, a través da páxina de Facebook do Museo do Humor e comezará cun percorridopola exposición dos premios. Esta permanece na actualidade –ata fi nais de ano– na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene. O acto contará ademais cunha pequena intervención do actor e contacontos Avelino González. Trala retransmisión en directo do acto, a entrega colgarase na canle de Youtube do Concello de Fene e Museo do Humor e difundirase a través da web e redes sociais municipais.

Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.