Pin It

Widgets

Letras Galegas 2023 adicadas a Francisco Fernández del Riego, no Círculo Mercantil de Fene


El Círculo Mercantil Industrial Unidade de Fene un ano mais decide sumarse aos festexos para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego, celebrará o venres 12, sábado 13 e o mércores 17 de maio co seguinte programa:

Venres 12 de maio:

As 20.30 horas teatro a cargo do grupo de teatro do C.M.I. Unidade "Xosemaría Pérez Paralle" dirixido por Xosé Bonome, coa estrea da obra "La Casa de Bernarda Alba".

Sábado 13:

As 20.30 horas, presentación do libro gañador da XXXV edición do premio nacional de poesía "Xosemaría Pérez Parallé". Libro titulado: "Fraxilidades" da autora Gisela Mato e editado por á editorial Espiral Maior. A obra foi escollida polo xurado entre as 74 obras presentadas. O remate a actuación de Fran Amil (voz solista e guitarra acústica) e Fernando Román (saxo tenor), co espectáculo “Popsía”.


Mércores 17:

As 19.00 horas Misa cantada en galego, na Parroquia do Diviño Salvador de Fene, en lembranza dos socios fallecidos.

As 20.30 horas Conferencia a cargo do perodista fenés, Ramón Loureiro Calvo sobre ó homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. a continuación, entrega da insignia de prata aos socios que levan 50 anos na sociedade, de seguido a actuación da rondalla "Estrelecer" do C.M.I. Unidade de Fene, e para rematar esta xornada das Letras Galegas 2023 servirase unha farturenta queimada acompañada de proia para todos os asistentes.

A ENTRADA a todos os actos é de LIBRE acceso

 

Tags: , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.