Pin It

Widgets

O Cíeculo Mercantil de Fene presenta hoxe ó libro gañador do XXXV Certame Nacinal de poesía "Xosémaría Pérez Parallé"


O Círculo Mercantil Industrial Unidade de Fene terá lugar hoxe sábado día 13, ás 20.00 horas a presentación do libro gañador do XXXV Certame Nacional de poesía "Xosémaria Pérez Parallé", título da obra: "Fraxilidades", Autor: Gisela Mato, editado por Espiral Maior. A obra foi escollida polo xurado entre as 74 obras presentadas. Os actos péchanse coa actuación do dúo de Fran Amil (voz solista e guitarra acústica) e Fernando Román (saxo tenor), co espectáculo "Popsía". A actuación está organizada pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural), con entrada libre e de balde até completar o aforo.

"Popsía" é un proxecto multidisciplinar que pretende achegar clásicos da lírica galega de tódolos tempos á mocidade do século XXI, para difundir o legado inmorredoiro da cultura galega dende o medievo ata os nosos días, vehiculado a través de estilos musicais como o pop; o rock; o swing; o regatón; o soul; o funk; etc.

A traxectoria de Fran Amil amosa a vontade de fornecer á mocidade de Galicia dun acervo cultural en galego, con visos de contemporaneidade e universalidade que poña en valor aspectos fundamentais como o respecto, a solidariedade e o esforzo ou a non violencia, sen descoidar o aspecto lúdico da música, cunha forte compoñente didáctica. Unha traxectoria á que hai que sumar os discos gravados con diversos grupos de música folk, rock, jazz ou pop da historia recente en Galicia (Os Papaqueixos, Tres Trebóns, Ulträqäns, Chuches Amil, etc).

 

Tags: , , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.