O Círculo Mercantil industrial Unidade de Fene, remata hoxe mercores 17 de maio os actos do Día das Letras Galegas 2023, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego. Os actos comezan as 19.00 horas coa Misa cantada en galego, na Parroquia do Diviño Salvador de Fene, en lembranza dos socios fallecidos.
Ramón Lourero Calvo
As 20.30 horas Conferencia a cargo do perodista fenés, Ramón Loureiro Calvo sobre ó homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. a continuación, entrega da insignia de prata aos socios que levan 50 anos na sociedade, de seguido a actuación da rondalla "Estrelecer" do C.M.I. Unidade de Fene, e para rematar esta xornada das Letras Galegas 2023 servirase unha farturenta queimada acompañada de proia para todos os asistentes.
A ENTRADA é de LIBRE acceso