Pin It

Widgets

Comezan en Fene os traballos de construción da Área Recreativa de San Valentín

O Concello de Fene iniciou as obras da primeira fase da nova Área Recreativa de San Valentín. Un proxecto destinado a revitalizar a contorna do Paseo Marítimo de San Valentín e a súa praia, dotándoa dunha zona para o desfrute da veciñanza.

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o concelleiro de obras, Manuel Polo, visitaron o lugar para supervisar o inicio dos traballos co explanado do terreo. Durante a visita, o alcalde destacou a importancia desta actuación: “Con esta primeira fase, damos un paso significativo para poñer en valor a contorna natural do Paseo Marítimo de San Valentín. É un proxecto que non so embelece a área, senón que tamén mellora a calidade de vida da nosa veciñanza, dotándoa dun espazo recreativo e de lecer.

Pola súa parte, Manuel Polo subliñou que esta é a primeira das fases planificadas, e que a principal prioridade é resolver o problema de drenaxe que acusa a zona. “Até o de agora, nos episodios de choiva do inverno, a auga provinte de San Valentín, así como das zonas de Fonte do Campo e Conces, acababa estancada aquí. Con esta actuación, por fin poremos fin a estes problemas de inundación, garantindo un espazo seguro e accesíbel todo o ano”, sinalou o concelleiro.

O proxecto desta primeira fase contempla, entre outras actuacións, a explanación do terreo, a instalación do sistema de drenaxe para evitar o estancamento da auga e a creación de sendas peonís e plataformas para áreas de xogo e zonas de estancia futuras. Tamén prevé a plantación de especies arbóreas autóctonas e a instalación de mobiliario urbano, como bancos, mesas, papeleiras e unha barbacoa.

Esta intervención foi licitada cun importe de 47.450 euros, que serán financiados con cargo ao POS+ Adicional / 2 (2020) da Deputación da Coruña.

Fuente y fotos: Concello de Fene

Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.