Pin It

Widgets

Encrucillada e O Sonoro Maxín pecharán ao grande este domingo a XXXIV Festa do Pan de Neda

 

Como cada año, a música converterase en ingrediente indispensable da Festa do Pan de Neda. A XXXIV edición da emblemática xornada gastronómica, que este domingo volverá reunir no paseo marítimo de Xuvia a numeroso público, contará con actuacións variadas durante todo o día, culminando con dobre concerto: Encrucillada e O Sonoro maxín.

Dende media mañá, a agrupación Berros de Castro ocuparase de poñer o toque festeiro e animar o ambiente de cara ao pregón, que lerá a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC, Ana Ares. E deseguido, como  é habitual, a sesión vermú contará cun grupo, que ten en Neda o seu local habitual de ensaio, e que forma parte da historia musical de Ferrol dende finais dos anos sesenta, Los Zares.

Na sobremesa, tras o xantar popular, máis música, a da Charanga da Carmiña. E a media tarde, a iso das 18.30 horas, o concerto folk de Encrucillada. O cuarteto, con cantante nedense, compartirá co público os temas do seu último traballo discográfico, “De Volta!”, co que regresan ás súas orixes poñendo o foco na música para o baile e as foliadas, alternando a voz masculina e feminina, e complementándose cos sons máis tradicionais.

O broche de ouro á festa poñerao O Sonoro Maxín, que chega a Neda no marco da xira de presentación do seu novo álbum “A primavera ten que ser nosa”, coa que homenaxean ao seu ex-batería Jaime Mateo. Trátase dun espectáculo, no que conviven estilos musicais diversos que van da cumbia, ao forró, pasando polo merengue e o rock.

O directo, que comezará as 19.30 horas, mestura temas de novo cuño con outros ben coñecidos polos seguidores desta banda, que suma xa 15 anos de traxectoria, e que  no 2027 gañaba o Premio Martín Códax da música na categoría Reggae, ska e mestizaxe.

A Festa do Pan de Neda, organizada polo Concello, está subvencionada pola Deputación da Coruña e conta co financiamento da Xunta, no marco das axudas a concellos para o apoio e difusión das festas de Interese Turístico de Galicia.

Fuente: La Voz de Galicia

Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.