CAMPANADAL PARA PEQUES:
Campamento de Nadal que se desenvolverá no pavillón polideportivo da Xunqueria e arredores, orientado aos máis pequenos e pequenas, de 4 a 11 anos cumpridos a 31 de decembro de 2024, no que se realizarán actividades lúdicas, miniexcursións por San Valentín (sempre que o tempo acompañe), obradoiros ralacionados co Nadal, xogos, manualidades, multideporte, baile, música, ... con contos cheos de maxia, con historias e personaxes propias do Nadal que farán que os nenos e as nenas se sintan a gusto, disfruten, compartan, aprendan se movan e gocen do Nadal.
DATAS: 23, 26, 27 e 30 de decembro, 2 e 3 de xaneiro.
HORARIO:
O horario xeral do campamento será de 10:00 a 13:30 horas.
Madrugadores: Poderán entrar entre as 8:00 e as 10:00 horas e saír entre as 13:30 e as 14:00 horas.
Material Necesario: Roupa cómoda para xogar, auga e merenda para media mañá.
PATINAXE PARA ADULTOS E NENOS/AS
Cursiño de patinaxe dende iniciación ata técnicas máis avanzadas, no que haberá tres grupos de aprendizaxe, que se distribuirán segundo as idades e o nivel de cada participante.
DATAS: 23, 26, 27 e 30 de decembro, 2 e 3 de xaneiro.
HORARIO: De 10:30 a 11:30 h.
Material necesario: patíns, casco, xeonlleiras e muñequeiras.
XOGOS ACUÁTICOS EN FAMILIA
Este Nadal o Concello oferta a nenos e nenas a posibilidade de asistir de balde á piscina para realizar actividades lúdicas utilizando o material da instalación
DATAS: Tódolos días de apertura da Piscina: dende o 23 de decembro ao 5 de Xaneiro
HORARIO:
De luns a venres: de 9:00 a 13:30 h de 16:00 a 19:00 h.
Sábados: de 9:15 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos: de 9:15 a 13:00 h.
Cada neno/a deberá estar acompañado por unha persoa adulta. Poden asistir 2 nenos/as acompañados/as por unha persoa adulta.
Para participar haberá que pagar só a entrada da persoa adulta: 3,25 €. No caso de dispoñer de bono deporte, este poderá ser utilizado do mesmo xeito que unha entrada normal, utilizando só unha entrada para a persoa adulta (na que estarán incluídos os/as menores).
O Concello reservará tres rúas da piscina para esta actividade.
Non é necesario realizar inscrición previa, pero si é recomendable facer reserva de rúa antes de ir, co fin de garantir que haxa espazo libre.
Os números de teléfono de contacto para realizar a reserva son os propios da Piscina de Centieiras: 607 627 103
Material Necesario: bañador, gorro e chanclas.
INFORMACIÓN:
No departamento de Deportes do Concello de Fene. Teléf: 981 340 366 / 607 615 962
Na páxina web do concello: www.fene.gal
INSCRICIÓN:
LUGAR: Nas dependencias administrativas do Pavillón da Xunqueira-
PRAZO: Do 10 ao 19 de decembro para tódalas actividades que precisen inscrición, agás os xogos acuáticos en familia que non precisan inscrición previa.
HORARIO: De luns a venres: De 9:00 a 14:00 horas.
BAUTISMO DE MERGULLO SOLIDARIO
Bautismo de mergullo para adultos e para nenos e nenas maiores de 6 anos que saiban nadar.
DATA: 27 de decembro (venres)
HORARIO: De 16:45 a 19:00 horas divididas en 3 grupos.
A actividade será impartida polo club CAS Nautilus.
Os asistentes deberán levar á Piscina, o mesmo día do bautismo, un xoguete novo ou en bo estado.
Material necesario para realizar a actividade: bañador, chanclas, gorro de baño e camiseta de licra ou similar para estar na auga.
COTA DE INSCRICIÓN: Un xoguete novo ou en bo estado.
CARREIRA SAN SILVESTRE
CARREIRAS |
ONDE |
CANDO |
A QUE HORA |
PARA QUEN |
CANTO CUSTA |
CANTAS PRAZAS HAI |
SAN SILVESTRE |
SAN VALENTÍN Saída e chegada diante do Pavillón da Xunqueira |
28 de decembro |
A partir das 17:00 horas |
Tódalas idades |
3,00 € Carreiras adultos |
ILIMITADAS |
Categorías e distancias:
CATEGORÍA |
ANO de NACEMENTO |
DISTANCIA |
BIBERÓNS |
2020 |
50 m. |
PITUFOS |
2019 |
100 m. |
SUB 8 |
2017 - 2018 |
200 m. |
SUB 10 |
2015 - 2016 |
400 m. |
SUB 12 |
2013 - 2014 |
800 m. |
SUB 14 |
2011 - 2012 |
1.200 m. |
SUB 16 |
2009-2010 |
2.500 m. |
SUB 18 |
2007 - 2008 |
2.500 m. |
ABSOLUTA |
2006 e anteriores |
5.000 m. |
ANDAINA |
TÓDALAS IDADES |
2.500 m. |
ORGANIZA:
Concello de Fene.
Federación Galega de Atletismo
COLABORAN:
Deputación da Coruña
Eroski Fene
INSCRICIÓNS EN CARREIRAS GALEGAS, PREMA AQUÍ
Descargas
Ligazóns