Pin It

Widgets

Nove comparsas participarán este sábado no Festival de Entroido do Concello de Narón

 

Un total de nove comparsas participarán no Festival de Entroido do Concello de Narón deste ano, que se desenvolverá este sábado na pista polideportiva da Solaina. Esta será a “meta” das agrupacións, que se concentrarán ás 16.30 horas no pavillón da Mocidade, na Gándara, para comezar o tradicional percorrido ás 17.00.

Nesta edición participarán as formacións naronesas Tróupele tróupele, As Xoaniñas do Chao e Semente de Trasancos; Os Scratchados, de Fene; A Canteira, de Neda; así como A Revolta de Trasancos e Os Colludos, de Ferrol. Estes colectivos percorrerán as rúas Rafael Bárez, Estrada de Castela, avenida de Santa Icía e avenida da Solaina até chegar á pista, onde comezará o concurso a partir das 18.00 horas.

Durante o certame, que será presentado por persoal da compañía Teatro Ghazafelhos, as comparsas interpretarán diversos temas, coa obrigatoriedade de presentar unha temática con Narón. Ademais, cada unha das actuacións contará cun tempo máximo de dez minutos. Á participación das agrupacións vai asociada unha axuda económica, que será de 800 euros para as de Narón, sempre que o 75% dos integrantes residan no municipio, e 400 para as procedentes doutras localidades.

Os tres premios, que consistirán nunha figura conmemorativa do día de Entroido, adxudicaranse ás formacións mellor puntuadas polo xurado. A avaliación guiarase pola orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica que realicen en escena, a calidade musical e a recuperación do Entroido en Galicia que represente cada actuación.

Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.