Pin It

Widgets

Atletismo Divertivo reúne nas pistas do Pazo de Barallobre a seiscentos escolares de Fene

 

A concellería de Deportes de Fene ultima os preparativos dunha nova edición das xornadas de “Atletismo divertido – Xogando co atletismo” nas que participará durante a xornada de hoy mércores 9 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, e o xoves 10 de abril, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP dos centros de ensino de Fene.

O obxectivo destas xornadas, que teñen unha base lúdica e deportiva, é que a rapazada coñeza as diferentes modalidades deste deporte e realice actividade física de xeito divertido e non competitivo. Por iso, non se tomarán anotacións das marcas ou tempos realizados e os nenos irán participando de xeito simultáneo nas diferentes probas:

Carreiras de velocidade e vallas (con vallas adaptadas ás idades): 50 metros aprox.

Salto de corda “buscapés”

Lanzamento de xabelina de foam

Salto de altura con carreira previa

Lanzamentos de precisión (1º e 2º) e peso (3º, 4º, 5º e 6º)

Salto de lonxitude con carreira previaUnha vez rematadas as actividades do circuito realizaranse por cursos as Carreiras de relevos nas que se dividirán aos participantes en equipos de 5 ou 6 persoas. E cada participante percorrerá unha distancia aproximada de 80 mts.

Tamén xogarán ao Buscapés, actividade na que un/ha monitor/a ou alumno/a cunha corda larga xira sobre si mesmo/a arrastrando a corda a ras do chan e o alumnado, en grupos, debe saltala durante periodos cortos de tempo establecidos polo monitorado. A medida que avanza o xogo se incrementa unha corda máis de xeito que son dúas cordas as que hai que saltar.

As xornadas de “Atletismo divertido – Xogando co atletismo” desenvolveranse en horario de mañá: de 10.00 a 13.00 horas, aproximadamente, e contarán cun descanso de media hora a media mañá para a merenda. O Concello proporcionará froita e augas a todo o alumnado.

A Xunta de Galicia, a través do programa “XOGADE” farase cargo do transporte do alumnado e do profesorado dende os respectivos centros de ensino ata o lugar de realización dos Xogos, así como de financiar unha parte do monitorado.

Por outra banda o seguro de accidentes de XOGADE farase cargo de cubrir posibles lesións- accidentes do alumnado de 2º a 6º de primaria (agás os maiores de 12 anos). E o Concello formalizará o seguro de accidentes do alumnado de 1º de Primaria así como dos maiores de 12 anos.

 

Organiza: concellería de Deportes de Fene coa colaboración da Xunta de Galicia, a través do programa Xogade, e Eroski Fene.

Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.