Perante as
adversas condición meteorolóxicas previstas para as vindeiras horas (alerta
amarela por vento e choiva e alerta laranxa por posible desbordamento do río
Cádavo, en Perlío), o Goberno Municipal de Fene acordou suspender o desfile de
comparsas que ía percorrer esta tarde as rúas do concello. Mantense,
nembargantes, o festival e a lectura do Testamento do Entroido, na praza do
alcalde Ramón Jose Souto González (baixo carpa). As comparsas concentraranse na
praza, a carón da Casa do Concello, ás 18.30 horas, e subirán ao palco por
orde, segundo o listado publicado previamente na web municipal.
Rematado o
certame, darase paso á queima do Meco e ao espectáculo pirotécnico (sempre que
as condición meteorolóxicas o permitan).