A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociación de Veciños Río da Ponte de San Xurxo, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e abrir vías de colaboración.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica
