Pin It

Widgets

A BIBLIOTECA DE FENE ANIMA ÁS CRIANZAS A PARTICIPAR NOS XOGOS DO PAPORRUBIO



O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos, nenas e maiores por unha eira chea de xogos. Os/as participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns xogos, mentres que se sorprenderán doutros grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes.”

Así se presenta “O Paporrubio”, a primeira das actividades que organiza a Biblioteca Municipal de Fene para este outono. A proposta vai dirixida ao público familiar, maiormente nenos/as de 3 a 12 anos coas súas familias, e encádrase no programa Rede Cultural 2017. O escenario da mesma será a sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, o martes 10 de outubro, de 17.30 a 19.30 horas. Entrada de balde até completar o aforo (máximo 50 persoas). 

Os xogos do Paporrubio son un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, cos que se dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna.
Trala sesión de “O Paporrubio”, a biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene anuncia a seguinte actividade, “Percubebé”, para o martes 17 de outubro.
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.