Pin It

Widgets

Acto de Clausura do XXX Campionato de Chave 2017



  O pasado 31 de Outubro o Clube Amigos da Chave no restaurante ” Los Molinos” de Nogueirosa, celebrou a entrega de trofeos e equipamento os equipos que este ano participaron nas dúas categorias da Liga 2017 En esta edición contouse con a participación de doce (12) equipos en 1ª división , e de trece (13) en 2ª, con un total de cento vintecinco chaveiros.

  Este evento tivo a participación de case 110 persoas entre autoridades, medios de comunicación, seareiros e chaveiros, foi unha noite de premios de agradecementos e como non podia ser de outra forma tamén  de cea, baile e de divertimento en difinitiva punto de encontro da gran familia da chave de Ferrolterra. Prestou a voz e presentou o acto Jaime Iglesias  directivo do Clube, que tamén fixo a presentación do libro “ Referencias históricas da Chave en Ferrolterra ( 1950-2009 ).
 
O prato forte foi a entrega de 16 trofeos, os equipos campións de Liga nas dorrespondentes categorías.e que se relacionan a continuación

Campións de 1ª División :
1º .- CLS. Limodre, Fene-------- con 79 puntos e 1777 chaves
2º .- Imaxina Pazos -------------- -con 61 puntos e 1630 chaves.
3º .- AVV Serantes, Ferrol--------con 56 puntos e 1532 chaves

Campións de 2ª División :
1º .-O´Fumazo ----------------------con 72 puntos e 1461 chaves
2º .-Brión ----------------------------con 70 puntos e 1440 chaves.
3º .- Limodre”A”--------------------con 64 puntos e 1444 chaves.

Equipos máximos chaveiros:en 1ª e 2ª
1ª División .-  CLS Limodre, Fene con 1777 chaves e con os chaveiros, Luis Bermúdez,(Luis ), Jesús Rodriguez ( Bastida ), Robustiano López ( Tano ),José Rey ( Juanjo ) e Xoan Rañales (Juan )

2ª División .- O´Fumazo de Neda con 1461 chaves, un rendemento do30,44 %, con os chaveiros Alvaro López, Xoan Vazquez ,Antón Fernandez, Chao Porto e Ricardo Rodriguez.

Máximos chaveiros en cada categoria:
Os primeiros espadas de cada división que po-lo seu esforzo individual e que foron quen de situarse na súa categoria como máximos chaveiros foron:
1ª División .- Luis do CLS Limodre-------------con 683 chaves e un rendemento do 16,26%.
2ª División .- Xulio  do Cantina S.Xoan ------- con 563 chaves e un rendemento do 11,98 %.

  Dende a directiva parabens os equipos que conqueriron trofeo e una gradecemento a todo-los que  colaboraron e axudaron un ano mais a este deporte.

ÁLBUM DE FOTOS
. Clausura do XXX Campionato de Chave  2017
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.