Pin It

Widgets

Declaración institucional



Con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia  contra a muller, o Concello de Fene manifesta o seu máis profundo rexeitamento a calquera forma de violencia exercida contra as mulleres.
A violencia, que nas distintas formas se exerce contra as mulleres, constitúe a mais clara manifestación das desigualdades que persisten entre mulleres e homes, constituíndo un atentado contra o dereito á vida, á seguridade e á liberdade, á dignidade e á integridade física e psíquica das vítimas e, polo tanto, un obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade mais xusta e igualitaria.

Neste día e preciso tamén lembrar que existen leises e tribunaís que protexen frente a estos ataques pero que é necesario una maior axilidade nos casos de violencia, debendo aplicar a lei co máximo rigor e salvagardar os dereitos da muller e dos fillos, privando os maltratadores, de maneira rápida e exemplar, do réximen de visitas e da pratria potestad dos seus fillos, evitando a humillación é risco para integridade física que supon ter que forzar episodios de convivencia con alguen que non poder formar parte de unha sociedade civilizada.

Todos os poderes públicos teñen a obriga de adoptar as medidas necesarias para facer reais e efectivos estes dereitos.

Mentres siga existindo un so caso de violencia de xénero non viviremos nin gozaremos de unha sociedade que poida vivir libre e en igualdade real entre mulleres e homes.

Estamos convencidos que a erradicación da violencia de xénero pasa por un proceso de maior concienciación social e de educación.

A conquista real da igualdade, do respecto a dignidade humana da liberdade das persoas, ten que ser un obxetivo prioritario das políticas públicas, polo que é fundamental levar a cabo, dende todas as Administracións, actuacións transversais que incidan na mellora da igualdade de oportunidades a todos os niveis. O art. 155 da Constitución obriga a as Comunidades Autónomas ó cumprimento das leis vixentes, porque a integridade de mulleres e menores ten que estar garantida sen disculpas nin dúbidas.
Por todo o anterior o Concello de Fene ACORDA 

    1.- Solicitar da Administración de Xusticia o rápido e riguroso cumprimento das medidas     preventivas e de salvagarda dos dereitos da persoa que sufre violencia e que deben     acompañar a calquer resolución xudicial que conteña unha condea.

    2.- Comprometerse a ampliar presupostos, servizos e recursos para combater a violencia de xénero.

    3.- Instar a Xunta de Galicia a:

    a) Axilizar os trámites necesarios para a inmediata posta en funcionamento do Centro de Recuperación Integral para mulleres vítimas da violencia de xénero, obriga incluída na Lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento da violencia de xénero.

    b) Impulsar os órganos consultivos e de participación da Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de xeito que cada órgano estea regulado de forma independente para garantir a súa comprensión e facilitar o control das súas actividades; incorporando á composición dos tres órganos a representación de asociacións profesionais de igualdade e personal  técnico especializado en igualdade, así como profesionais que estean traballando no ámbito do tratamento da violencia de xénero, que son quen esta desenvolver no día a día o traballo técnico relacionado ca igualdade das mulleres e homes.

c) Definir a estratexia no ámbito da sensibilización e da prevención en contra da violencia de xénero.

d) Facer unha planificación para a realización de campañas periódicas de sensibilización contra a violencia de xénero e promover acordos para a formación de profesionais dos medios de comunicación para a mellora do tratamento informativo das situacións de violencia contra as mulleres.

e) Incidir en mecanismos de apoio de prevención e de apoio vítimas para que as mulleres non se vexan forzadas a retirar unha denuncia.

f) Reforzar os servizos de atención a menores vítimas directas e indirectas da violencia de xénero na súa atención e a recuperación das súas secuelas, ao obxeto de romper o círculo de transmisión interxeneracional da violencia.

h) Que as axudas económicas recollidas na lei galega sexan abonadas ás mulleres vítimas de violencia de xénero, que acrediten formalmente as condicións establecidas, nun prazo non superior a 15 días.

i) Crear un programa específico para mulleres discapacitadas que sofren violencia de xénero, debido a súa situación especial de vulnerabilidade.

j) Promover a responsabilidade social corporativa das empresas a fin de lograr unha alianza empresarial contra a violencia de xénero

4.-Asimesmo instamos a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado a que amplíe os presupostos, os programas, actuacións e servizos dirixidos a combater a violencia de xénero e atender as mulleres.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.