A Sociedade Agarimo
de Sillobre entregou esta mañá ao alcalde do Concello de Fene, Gumersindo
Galego, a recadación das primeiras Xornadas de Moda Solidaria do municipio e
que ascenden a 810 euros. Á súa vez, o Concello entregou ese importe a Cáritas
Parroquial de Fene. O acto celebrouse ás 13 horas no Concello de Fene. O
alcalde explicou que a urxencia que merece a aportación fixo que os Servizos
Sociais municipais delegaran en Cáritas a xestión do donativo. Gumersindo
Galego anunción que cando se aproben os Orzamentos deste ano, subirán a
aportación ao capítulo de emerxencia social municipal, que pasará dos 36.000 a
50.000 €. Por primeira vez Fene suscribirá un convenio anual con Cáritas
parroquial de Fene, cunha aportación de 8.000€.
Pola súa
parte, o presidente de Agarimo, Alberto Doce, explicou que o obxectivo das súas
Xornadas Solidarias son, precisamente, entregar a recadación a unha entidade
benéfica e agradeceu ás casas comerciais a súa inestimable colaboración na
organización dos defiles celebrados no pasado mes de abril que seguirán
convocando no futuro. Acto seguido fixo entrega do cheque por valor de 810€ á
presidenta de Cáritas parroquial de Fene.
A representante da directiva de Cáritas Fene, María Dopico, agradecía publicamente a Agarimo a iniciativa en nome das familias beneficiarias da axuda de Cáritas Fene que, segundo os datos facilitados pola directiva de Cáritas, na actualidade son unha media de 40 as familias que acuden cada semana ao seu local ubicado nos soportais da Praza da Constitución, para recoller roupa ou alimentos "cos que solucionar a vida".