Pin It

Widgets

OBRADOIRO DE EMPREGO “REINICIA” FENE-ARES-CABANAS



A denominación do obradoiro elixíuse pola volta ao sector primario, pois tres das catro especialidades pertencen a dito sector. Tendo en conta a situación actual nos nosos concellos , as elevadas cifras de desempregados no resto dos sectores, optamos por volver ás profesións tradicionais coa tecnoloxía actual.
Concedeuse un total de 185.000 euros que sirven para costear ao profesorado e as pagas dos 21 alumnos. O material o sufraga cada Concello. O reparto de alumnos así como de aportacións fixose en función da cifra de desempregados correspondendolle así o 61% a Fene, o 26% a Ares e o 13% a Cabanas.
A concesión faise con catro especialidades :
·         Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería . Se impartirá a parte teórica en Cabanas e as prácticas se realizarían en diversos parques de Fene, Ares e Cabanas. A parte de Fene realizarase no Paseo Marítimo de San Valentín(incluso se poñerá o escudo de Fene na rotonda de entrada ao barrio), no parque público vivendas do castro e no parque Rosalía de Castro. Nestos dos últimos casos continuarase con xardiñería a actuación de albanalería do anterior obradoiro rematado fai apenas un mes.
·         Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais Se impartirá a parte teórica en Fene e se realizarán as prácticas no Centro de DIA sito en Marina do Pombal (Caamouco).
·         Actividades auxiliares e de apoio ao buque en porto  Se impartirá a parte teórica en Ares e se realizarán as prácticas no buque “Aula de Mar a flote”en Ares.
·         Actividades auxiliares de Agricultura . Se impartirá a parte teórica e a práctica en Cabanas.
Engadir que se impartirán además da formación complementaria, a orientación profesional e formación empresarial e a educación básica obrigatoria,  cursos como o de Manipulación de Alimentos e Xornadas de Cooperativismo que entendemos que son os máis adecuados tendo en conta as especialidades a levar a cabo.
A vista da concesión haberá que reorganizar as especialidades, sempre coa autorización da Consellería de Traballo, para intentar impartir algún certificado de profesionalidade completo xunto con unidades formativas de outro certificado. Intentaremos que os nosos desempregados salgan con coñecementos teóricos e prácticos e en definitiva cas maiores posibilidades de inserción, que en definitiva e o fin que perseguimos dende os tres concellos.
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.