O Club
BTT Fene e a Concellería de Deportes organizan a II Mini BTT (Bici Todo Terreo)
Concello de Fene que se celebrará mañá sábado, 7 de xuño, a partir das 11.00 h
no paseo marítimo de San Valentín, a carón da praia. A actividade vai dirixida
a nenos e nenas de 5 a 14 anos.
As
inscricións poderán realizarse no mesmo lugar de celebración da proba, en
horario de 09.30 a 10.45 horas.
Segundo informan dende o Concello de Fene, o uso de casco
será obrigatorio para todos os nenos/as
participantes nesta II Mini BTT Concello de Fene.
Máis información: no Departamento de Deportes (Avda.
Naturais, 44, entrechán dereita, 15500 Fene). Teléf.: 981 340 366. Caixa de
correo: cultura.deportes@fene.es