Mañá xoves é o último día para anotarse aos “Bautismos de mergullo” que organiza o Concello en colaboración co Club Nautilus
A proba,
dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos, celebrarase na Avenida do Mar de San
Valentín (xunto ao pavillón da Xunqueira) ou, en caso de choiva, no interior do
mesmo pavillón. Comezará ás once da mañá e terá unha duración aproximada de
hora e media, polo que rematará sobre as 12:30 horas.
Ao remate de cada carreira
terá lugar a entrega de medallas a tódolos participantes e unha vez que
finalice a “Milla”, entregaranse trofeos
aos tres primeiros clasificados de cada categoría.
Categorías e distancias:
|
CATEGORÍA
|
Aula equivalente
|
Distancia
|
Voltas Pavillón
|
|
CADETE
|
3º e 4º de ESO
|
1000 m.
|
8 voltas
|
|
INTANTIL
|
1º e 2º da ESO
|
800 m.
|
6 voltas
|
|
ALEVÍN
|
5º e 6º de primaria
|
500 m.
|
4 voltas
|
|
BENXAMÍN
|
3º e 4º de primaria
|
400 m.
|
3 voltas
|
|
PREBENXAMÍN
|
1º e 2º de primaria
|
200 m.
|
2 voltas
|
|
BIBERÓN
|
Aula de infantil de 5 anos
|
100 m.
|
1 volta
|
|
PREBIBERÓN 2
|
Aula de infantil de 4 anos
|
50 m.
|
½ volta
|
|
PREBIBERÓN 1
|
Aula de infantil de 3 anos
|
50 m.
|
½ volta
|
As categorías diferéncianse
por anos de nacemento e aulas (ou idades equivalentes á idade correspondente de
cada curso). Deste xeito, favorécese a participación de nenos e nenas da mesma
aula, sobre todo nas categorías inferiores. Ademais, en todas as categorías
diferénciase entre masculino e feminino.
A
circulación dos asistentes desenvolverase polas rúas transversais de San
Valentín, deixando rúas alternativas de entrada e saída. Ademais contarase co
aparcadoiro da entrada de San Valentín. Efectivos da Policía Local e de
Protección Civil indicarán aos participantes o lugar de aparcadoiro e rúas de
circulación.
No caso de organizar a carreira no interior do
pavillón da Xunqueira, realizarase un circuíto en redondo de aproximadamente
125 metros, no que o percorrido se determinará por voltas e a distancia
establecida inicialmente pode variar para adecualo a voltas completas.
Os nenos/as que aínda non se
inscribiran a esta XXI Milla Escolar “Concello de Fene” poderán facelo o mesmo
dia da carreira, antes das 10.30 horas.
Para calquera dúbida os interesados poden
chamar ao Departamento de Cultura
e Deportes. Teléfono 607 615 962 ou 981 340 366
A “Milla Escolar” é xa unha das probas clásicas e consolidadas do Concello de Fene, cunha participación aproximada de 600 nenos e nenas
de toda a bisbarra.
BAUTISMOS DE MERGULLO
Dende a Concellería de Deportes lémbrase tamén que mañá xoves é o
último día para anotarse aos Bautismos de Mergullo que se celebrarán esta fin
de semana, o sábado 15 e o domingo 16 de xuño, na piscina municipal de
Centieiras e na praia de Chanteiro. Ao redor de 30 persoas, entre nenos e
adultos, anotáronse xa nesta actividade que organiza o Concello de Fene en
colaboración co Club de Actividades Subacuáticas Nautilus.
O bautismo de mergullo para
nenos/as de 10 a 16 anos desenvolverase o sábado 14
de xuño na piscina municipal de Centieiras. Os nenos/as participantes,
repartiranse en dous grupos (tres cuartos de hora cada grupo), establecéndose
polo tanto dúas quendas horarias: de 17.00 a 17.45 horas e de 17.45 a 18.30
horas (prazas esgotadas na segunda quenda) Neste bautismo de mergullo, os/as
nenos/as aprenderán a manexar un equipo lixeiro, recibirán explicacións e
presenciarán exercizos co equipo pesado (que será levado polo monitor) e, por
ultimo, realizarán prácticas de respiración, relaxación, normas de seguridade
básicas e sinais submarinas.
Os
requisitos para poder participar nesta actividade son: saber nadar e aportar un
permiso paterno/materno. O número de prazas dispoñibles para esta actividade
ascende a 30 en total (15 en cada quenda) e tamén se cubrirán por orde de
inscrición. Actividade GRATUITA.
O bautismo para maiores de
16 anos desenvolverase durante a tarde deste sábado e a mañá do
domingo. O primeiro día, o sábado 14 de xuño, os participantes recibirán
formación na Piscina de Centieiras, en horario de 18.30 a 21.00 horas, sobre o
emprego dun equipo lixeiro de mergullo (máscara, tubo e aletas), manexo e
exercicios cun equipo pesado (regulador, chaleco de flotabilidade e botella) e
realizarán prácticas de respiración, relaxación, normas de seguridade e sinais
submarinas.. A actividade completarase o domingo 15 de xuño cun paseo
subacuático na praia de Chanteiro, de 10.00 a 13.00 horas (no caso de que as condicións do mar o permitan. En
caso contrario cambiarase a data para outro domingo). Nesta
segunda xornada, cada alumno/a mergullarase acompañado por un monitor.
Os
requisitos para poder participar nesta actividade son: saber nadar e ter máis
de 16 anos (no caso de ser menores de 18 anos, precisarase tamén un permiso
paterno/materno). Segundo informan dende o Departamento de Deportes do Concello
de Fene, para esta actividade quedan 3 prazas dispoñíbeis que se cubrirán por
rigorosa orde de inscrición. O custe da actividade ascende a 6,25 euros.
As
persoas interesadas en anotarse en calquera dos dous bautismos de mergullo que
organiza o Concello de Fene, deberán achegarse polo pavillón polideportivo da
Xunqueira hoxe mércores (de 8.30 a 14.30 horas ou de 16.30 a 19.00 horas) ou
mañá xoves (en horario, de 8.30 a 14.30 horas)
Para
máis información, cómpre dirixirse ao departamento de Cultura, Deportes e
Xuventude do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán dta.) ou chamar ao
teléfono 981-340366.