![]() |
Viñeta da exposición de Carlos Silvar |
A exposición
cedida polo Fondo Galego, do que o Concello de Fene é socio colaborador, poderá
visistarse no CPI A Xunqueira do 17 ao 31 de outubro.
A
exposición, que xa estivo no IES de Fene, consta de 16 obras de 28 autores
procedentes de 16 paises diferentes. As caricaturas móstrannos os prexuízos que
operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra.
Verdades en minuatura que retratan a sociedade contemporanea que serve non so
de repaso á realidade actual, senón como punto de debate cargado de sátira e
ironia para amosar a cruda realidade.
A pobreza é
unha forma de inxustiza social, un xeito de violencia estrutural que nega as
condicións mínimas de desenvolvemento humano e xera situacións de exclusión,
racismo e violencia. A pobreza dibuxa un mapa de continuos conflictos entre os
seres humanos, o cal provoca un maior afastamento da posibilidade de convivir
en paz. Así mesmo, a falta de oportunidades impide á sociedade medrar en
condicións de dignidade, o que aumenta as diferenzas sociais e agudiza o abismo
entre pobre e ricos. De aí se desprende que máis da cuarta parte de poboación
mundial viva en situación de pobreza e que os paises industrializados a sufran
dun xeito insistente e en continuo crecemento.
O Fondo
Galego de Cooperación e Solidaridade entende que o desenvolvemento sostible non
é posible nun contesto de pobreza, violencia e racismo. Por iso, con esta
exposición quere contribuír a crear un clima de opinón favorable á promoción
dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.
Para que a
exposición sexa proveitosa, traballarase nas aulas dos centros escolares unha
unidade didáctica referida ao tema.