A Biblioteca Xosemaría Pérez Parallé de
Fene conmemora este venres o Día das Bibliotecas cunha sesión de contacontos a
cargo de “Polo correo do vento”. Esta nova función de narración oral, titulada
“O misterio do pirata Benito Soto”,
comezará ás 6 do serán e vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10
anos.
“O misterio do pirata Benito Soto” mestura
a tradición oral galega (historias de misterio con referencias ao autor Conan
Doyle e ao patrimonio galego) e a ilustración (complementándose cun obradoiro
de debuxo de temática pirata).
Actividade organizada pola Concellería de
Cultura no marco do programa Ler conta moito.