Nova
exposición de fotografía na Casa da
Cultura de Fene. Este venres abre ao público “Enfoques”, proxecto colectivo dos
fotógrafos afeccionados Robus Pazos e Tomás Morado. A mostra permanecerá na Sala de Exposicións
da Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22) do 24 de outubro ao 15 de novembro. Poderá
visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e
os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.
![]() |
Foto de Robus Pazos |
Robustiano Luis Pazos Santos naceu en
San Fernando (Cádiz) en 1965 aínda que, na actualidade, reside en Narón. Gran
afeccionado á fotografía dende o 2007, habitualmente dirixe o seu traballo cara
a fotografía de deportes e de animais.
Exposicións realizadas:
Ano 2014
• Feira de segunda man e do troco en San Valentín (Fene). 27 de Abril. Individual.
• Centro Comercial Odeón, Narón. Mes de xuño. Compartida (con Javier Bayolo e Tomás Morado).
• Cafetería-cervexaría La Fábula de Eva, Ferrol. Do 27 de xuño ao 31 de xullo. Compartida (con Javier Bayolo y Tomas Morado).
Ano 2013
• Casino Ferrolano, “Mirando al mar”. Do 17 ao 29 de xuño. Colectiva (20 fotógrafos) organizada polo Liceo Europeo de las Artes.
• Club de tenis de Redes, “Deportes e animais”. Mes de agosto. Individual
• Casa da Cultura de Valdoviño, “Coordenadas 43º36’0’’ 8º7’99’’. Do 6 ao 17 de setembro. Compartida (con Javier Bayolo e Tomás Morado)
• Centro de recuperación de minusválidos físicos Bergondo. Do 19 de setembro ao 24 de outubro. Compartida con Tomás Morado
• Casa das Palmeiras, Neda. Do 25 de Outubro ao 9 de novembro. Compartida (con Javier Bayolo e Tomás Morado).

Foto de Tomás Morado |
Pola súa
banda, Tomás Morado (Ferrol, 1969) é
tamén un fotógrafo afeccionado. A finais de 2011 mercou a súa primeira cámara
réflex e, a comezos de 2012, realizou xa a súa primeira exposición no concello
de Neda, onde reside na actualidade. Dende aquela, as súa fotografías
puidéronse ver nunha exposición na asociación de veciños do Roxal, nunha
exposición conxunta do Liceo Europeo de las Artes no Casino Ferrolán e no
certame Goisorosoarte 2013 (organizado polo Concello de Oroso), amais de na
Casa da Cultura de Valdoviño e na Casa da Cultura de Fene onde realizou unha
exposición en decembro de 2013.