Juventino Trigo encabeza de novo a lista electoral do BNG de Fene para as
vindeiras eleccións municipais. Xunto a el, e como resultado das asembleas
abertas celebradas ao longo das últimas semanas, aparecen persoas moi
relacionadas co tecido asociativo do municipio, así como persoas simpatizantes
que accederon a participar deste proxecto, elaborado coa firme decisión de
gobernar Fene o próximos catro anos.
Sandra Permuy, de San Valentín, ocupa o segundo posto da candidatura. Justo
Martínez-Ardá, actual concelleiro, séguea no terceiro. Mariela Aguilar, simpatizante
do BNG e presidenta da Asociación Ecoloxista AETNA, vai no cuarto posto, e
compaxinará este labor co seu traballo na sociedade e na Comisión de Festas de
Maniños. Do mesmo xeito, Alberto Maceiras, de Perlío, pecha este primeiro tramo,
no que se combinan de xeito notable a profesionalidade, a aposta pola cultura,
polos servizos sociais e pola a atención á veciñanza.
Para o alcaldable, Juventino Trigo, esta candidatura “é o resultado dun proceso
aberto cos veciños e veciñas de Fene e, en consecuencia, tanto no primeiro tramo
coma no resto da lista temos xente preparada e moi activa en temas sociais e
culturais”.