O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, presentou ambos
eventos, confiando en superar as exitosas cifras de afluencia do pasado ano
O
concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Fene, Juan José Franco,
presentou esta mañá a segunda edición da Feira de Segunda Man e Troco, que se
celebrará este sábado, 25 de abril, baixo a carpa ubicada no Paseo Marítimo de
San Valentín, escenario hai uns días do Encontro de Palilleiras. Un total de 44
postos ofrecerán os seus produtos entre as 11 e as 19 horas.
Así mesmo, a
cita contará este ano cun marcado carácter solidario, con postos que adicarán a
súa recadación ás asociacións Arraigo, Por+Vida e ao Centro de Atención á
Discapacidade Síquica Souto de Leixa. En concreto, serán os stands que dispoñan
estas dúas últimas asociacións, así como o CPS Liga Amigos de Barallobre; a AVV
de San Ramón de Sillobre, e a SCRD Agarimo. Nesta liña, o concelleiro confía en
reeditar o éxito colleitado o pasado ano en canto a afluencia de visitantes e
avanzou que, como novidade, sobre as 12 horas, celebraráse unha sesión de
capoeira aberta á participación de todos os asistentes. Así mesmo, ás 13 horas,
terá lugar o sorteo e entrega de premios do IV Concurso de Escaparates de
Primavera. Un certame no que competirán tres establecementos: Pastelería
Martínez, Floristería Azalea e Perla Multiprecios.
Entre hoxe e
o mércores, os clientes poderán votar polo escaparate que máis lles guste,
sempre que visiten a todos os participantes –que acreditarán selando unha
papeleta á súa disposición nos establecementos-. Tamén nestas datas o xurado
profesional valorará as decoracións. Así, outorgaránse dous premios: o do
xurado profesional consistirá nun diploma e trofeo e, o dos clientes, diploma,
trofeo e escapada rural cortesía de Organiza-Turismo e Eventos SL. Así mesmo,
entre os clientes que realicen unha compra entre o 20 e 23 de abril nos tres
negocios citados, sortearánse dous vales de 20 euros a consumir en calquer
establecemento adherido á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene
“O Cruceiro”, cedidos por esta.
Ademáis,
Juan José Franco avanzou que mañá martes, 21 de abril, abriráse o prazo para
que os hosteleiros se anoten no VIII Concurso de Tapas Concello de Fene. Deberá
realizarse no Rexistro Xeral da casa consistorial e o prazo remata o día 24. Se
o número de inscritos supera a veintena, o certame desenvolveráse durante 4
semanas (do 1 ao 31 de maio) e, se é inferior, durante tres (do 1 ao 24 de maio).
O edil espera superar os rexistros de participación da edición anterior, cando
se selaron máis de 8.000 tarxetas e completaron máis de 300 Fenerrutas. Este
ano, mantéñense moitos dos aspectos do 2014, como os premios: sortearáse unha
viaxe a Roma, Londres ou París entre aqueles que completen a Fenerruta
–cortesía de Estrella Galicia-; unha escapada rural –cortesía de Organiza
Viajes Fene-; unha estancia nas bodegas Palacios, na Rioja –cortesía de
Exclusivas Rivas Suárez SL-, ou un ano de socio para unha persoa no ximnasio
Fitness Fene –cortesía deste centro-. Así mesmo, todas as tarxetas
cumprimentadas nos negocios participantes polos clientes entrarán a formar
parte dun sorteo con diversos premios como cheques de compra, electrodomésticos
ou un mes de clases de música. Así mesmo, haberá tamén dous xurados –un
profesional e os propios clientes-. O primeiro elixirá a mellor tapa creativa
ou tapa tradicional e, o segundo, a mellor tapa popular creativa ou popular
tradicional. Por último, o Concello editará unha guía na que figurarán os
establecementos participantes para darlles promoción. E, como novidade, o
concelleiro avanza que o Concello programará maxia, danza, máis música e
incluso monólogos de humor. Os horarios de degustación das tapas será: venres
de 20 a 22 h; sábados de 13 a 15 h e de 20 a 22 h, e domingo, de 13 a 15 h.