A edil de
Cultura, Rocío Bértoa, avanza que a Biblioteca Municipal tamén tomará parte na
Feira do Libro de Ferrol cun posto onde amosará parte do fondo local
A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou estamañá que o
Concello de Fene conmemorará o Día do Libro cunha completa programación de
actividades que inclúe contacontos infantil, recital poético e un obradoiro de
fotografía. Así mesmo, a edil sinalou que este xoves, 23 de abril, a Biblioteca
Municipal tomará parte na Feira do Libro de Ferrol cun posto no que amosará
parte do fondo local –publicacións editadas polo propio Concello, sobre Fene e
os seus autores-, ao tempo que informará dos servizos e actividades docentro de
lectura municipal. O stand estará aberto ao público de 10 a 14 e de 17 a21
horas. Así mesmo, e no marco da citada programación, Rocío Bértoa invitou aos
máis pequenos da casa a asistir este mércores, 22 de abril, a unha sesión de contacontos
moi especial na Biblioteca Municipal. Principiará ás 18 horas, e correrá a
cargo da actriz, dramaturga, contacontos e fotógrafa Soledad Felloza. Ofrecerá
a súa narración “Pura palabra”, pensada especialmente para nenos e nenas de
entre 4 e 12 anos de idade. A palabra dita é, en si, un universo de sons,
cores, aromas e sensacións e Soledad Felloza percorre o mundo enteiro coa única
maleta que pasa por todas asfronteiras: a das palabras. Cunha palabra se pode
dar a volta ao mundo e anarradora invitará a nenos e nenas a comprobalo.
A entrada é de balde e forma parte do programa “Ler conta
moito”, que promove a Xunta. Ao día seguinte, xoves 23, a Biblioteca acollerá
un recital poético a cargo de autores da localidade. Estes son: José Luis
Salamanca; Mariola Hermida; MatildeCastro; Aurora Varela; Andrés C. M. Riveira;
Cristina Fernández Sáinz de la Mazae e Juan Manuel Álvarez Romero. Principiará
ás 20 horas e a entrada é libre. A actividade conta coa colaboración de Vampiro
de Libros Editorial. Completando a programación, o luns 27 de abril, entre as
16 e as 18 horas, a Biblioteca acollerá un obradoiro de “Fotografía e Mixed
Media”, dirixido por Ana Amado. Está pensado para nenos e nenas de entre cinco
e once anos e aparticipación é gratuíta. Iso si, as prazas son limitadas, polo
que se require deinscripción previa na propia Biblioteca.