Pin It

Widgets

O Concello contratará unha cuadrilla de Obras e Servizos grazas a unha subvención

Os operarios centraránse en tarefas de reparación de beirarrúas deterioradas en Barallobre e Perlío e permitirá a creación temporal de tres empregos

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que a Deputación provincial da Coruña vén de comunicarlle ao Concello a concesión dunha subvención por importe de 11.400 euros para a contratación dunha cuadrilla de obras e servizos. Unha achega que permitirá subvencionar ao 100% o proxecto presentado pola Concellería de Promoción Económica e Facenda que dirixe Juan José Franco á liña de axudas aberta pola Deputación no marco deste programa.

A cuadrilla estará integrada por un oficial de segunda e dous peóns, que prestarán os seus servizos por espazo de tres meses e cunha xornada semanal de 25 horas.

Entre os seus cometidos está a reparación de beirarrúas deterioradas con colocación de baldosa semellante á existente sobre cama de formigón previa demolición da existente. Traballos que se centrarán nas parroquias de Barallobre e Perlío.

En todo caso, Juan José Franco destacou que os fondos que aportará a Deputación, ademáis de facilitar a realización de obras no municipio, contribuirán a un obxectivo moito máis importante aínda como é a creación de emprego.

Limpeza de praias
Así mesmo, o concelleiro Juan José Franco tamén informou de que a Deputación provincial vén de confirmar ao Concello a concesión dunha subvención por importe de 12.142,90 euros para a limpeza de praias durante o presente exercicio. Deste xeito, a achega cubre o 80% dos fondos solicitados para levar a cabo tales tarefas, o que alivia considerablemente a aportación que se verá obrigado a afrontar o Concello.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.