Pin It

Widgets

Uns 130 escolares dos centros de ensino de Fene participan neste mes nun obradoiro de saúde e nutrición organizado polo Concello

Os CEIPs Centieiras e Os Casais acollerán as sesións este xoves

A concelleira de Servizos Sociais, Juana Barro, informou esta mañá de que máis de 130 estudantes de Primaria dos centros de ensino de Fene participarán ao longo deste mes nun obradoiro de saúde e
nutrición impulsado polo Concello no marco do programa municipal “Educar para a saúde na escola”.

O obradoiro consta de dúas sesións. A primeira, de sesenta minutos, sobre Nutrición e valoración funcional e, a segunda, de dúas horas, baixo a denominación Chef solar. Despois de que a primeira parte da actividade se celebrase na maioría dos centros escolares, os CEIPs Centieiras e Os Casais
albergarán este xoves, 14 de maio, estas primeiras sesións. O obxectivo do obradoiro é adquirir hábitos, ferramentas e capacidades para a xestión da saúde e o coñecemento do estado da saúde física; fomentar a toma de decisións sobre a calidade dos produtos que comemos; coñecer, utilizar e elaborar distintos platos con produtos frescos (froitas, verduras); favorecer e aumentar a participación na
cociña da casa, e introducir coñecementos prácticos das enerxías solaresrenovables e limpas.

Así mesmo, a concelleira Juana Barro apunta que a segunda sesión do obradoiro realizaráse nos centros entre os días 19 e 27 deste mes de maio.
A través do sinalado programa “Educar para a saúde na escola”, o Concello de Fene participa no Plan de Prevención de Drogodependencias e Promoción de Saúde subvencionado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, sendo ademáis entidade municipal seleccionada para o desenvolvemento do Plan Xermola da Xunta de Galicia.
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.