Pin It

Widgets

O Concello ofrece cursos de natación tenis, piragüismo e ximnasia ao aire libre

 A completa programación de actividades deportivas deseñada pola Concellería de Deportes celebrarase nos meses de xullo e agosto e o prazo de inscrición nas diferentes accións abrirase na segunda quincena deste mes


O Concello de Fene deseñou unha completa programación de actividades de cara ao verán que inclúe cursillos de natación, clases de tenis, piragüismo e máis ximnasia. Os interesados en participar da mesma, deben formalizar a súa inscrición no Departamento Municipal de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44 entrechán, Fene).

Así, o prazo para anotarse nos Cursos de natación abrirase o día 15, ata o 26 de xuño
en horario de 8,30 a 14 horas. E, segundo a modalidade, a cuota oscila entre os 15,30 e
os 34,50 euros. As actividades previstas son Natación para bebés –a partires de 6 meses;
Iniciación infantil –para nenos de 6 a 12 anos-; Perfeccionamento infantil –nenos de 6 a 12
anos-; Natación xuvenil –de 13 a 18 anos-; Natación para adultos –maiores de 18-;
Natación para maiores de 65 anos; Aquagym; Natación terapéutica 1; Natación terapéutica
2 e Actividades acuáticas para nenos de 3 a 5 anos. En todos os casos, as prazas están
limitadas e os cursos se celebrarán en horario de mañá, a partir do 1 de xullo.

Os Cursos de tenis comezarán o 8 de xullo e prolongaranse ata o 21 de agosto. Terán
como escenario as pistas do CCRD Perlío e, en caso de choiva, o pavillón do colexio
Jorge Juan. Haberá clases os luns, mércores e venres e están previstas tres quendas. As
prazas ofertadas serán 48 e a inscrición debe formalizarse entre o 23 de xuño e o 2 de
xullo e a cuota a abonar é de 23,25 euros.

Do 13 de xullo ao 20 de agosto, de 11,30 a 13,30 horas e na praia de Almieiras, en
Limodre, celebraranse os Cursos de piragüismo dirixidos a maiores de 8 anos. Ofértanse
24 prazas en dúas quendas –a primeira luns e mércores e, a segunda, martes e xoves-. A
inscrición debe realizarse entre o 23 de xuño e o 9 de xullo e a cuota é de 23,25 euros.
Nesta acción, colabora o Mesón O Emigrante.

E, por último, o Concello programa Ximnasia de verán. Será os luns, mércores e venres
laborables do 3 ao 28 de agosto, de 9,30 a 10,30 horas. A actividade terá lugar no paseo
marítimo de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira. Trátase dunha actividade de
grupo moderada e dirixida a manter ou mellorar a condición física xeral en relación coa
saúde, a coordinación motriz, flexibilidade, resistencia aeróbica, forza e resistencia
muscular, axilidade… Está pensada para persoas de todas as idades e a participación é
libre e gratuita.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.