A posición adoptada hoxe na asemblea de afiliados revisarase o vindeiro xoves en función da evolución das conversas co resto dos grupos
Os
socialistas de Fene apoiarán no pleno da toma de posesión que se celebrará o
vindeiro sábado ao candidato da lista de esquerdas máis votada pola cidadanía
nas eleccións do 24 de maio, segundo informou o secretario xeral e portavoz,
Antón Noceda. A decisión foi adoptada na asemblea local do PSdG-PSOE celebrada
hoxe, despois de analizar o estado das negociacións entre as distintas forzas
de esquerda do concello para a elaboración dun programa de goberno conxunto.
A
asemblea local decidiu, así mesmo, seguir afondando na
concreción dun programa de goberno se centre nas necesidades dos veciños e
veciñas de Fene que por riba das demandas de cada organización política, e
no que a transparencia, a participación da cidadanía, a eficacia na xestión
e a rexeneración democrática sexan os seus eixos vertebradores. Nese
sentido, engadiu Antón Noceda, “os socialistas avogamos por seguir traballando
nas conversas entre as diferentes forzas de esquerdas de cara a conseguir un
goberno forte e estable que dea solucións reais ás demandas da cidadanía”.
Os socialistas celebrarán unha nova asemblea o
xoves 11 de xuño na que, en función dos avances das conversas que se produzan
nos vindeiros días, decidirán a súa participación ou non nun goberno da
esquerda no Concello de Fene.