O coro
de cámara Ludus Tonalis abrirá o ciclo co seu espectáculo “Voces riseiras,
músicas arredor do mundo”
A diversidade de estilos e de
propostas musicais é a principal característica que define o ciclo “Sons
diversos” que a Concellería de Cultura de Fene organiza para as vindeiras
semanas. O programa traerá a Fene a
partir deste venres ao coro de cámara Ludus
Tonalis, ao cuarteto de swing, boogie-woogie e dixieland Las Lollipops, ao dúo de pop-folk
galego formado polos irmáns Amparo Arias
e Roger de Flor e ao Sofía Espiñeira
Trío, formación de voz e guitarra, acompañada
da gravedade do contrabaixo e da forza da percusión.
"Son
Diversos" desenvolverase durante a segunda quincena de maio e primeira
de xuño no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene). Todas
as actuacións do ciclo comezarán ás 20.00 horas. A entrada será de balde e
libre até completar o aforo (120 localidades).
O coro de cámara Ludus Tonalis abrirá o ciclo Sons Diversos este venres, 19 de
maio, con "Voces riseiras, músicas arredor do mundo". O
repertorio deste primeiro espectáculo inclue música de cine, boleiros, cancións
zulúes, galego, brasileiras... e un sinfín de composicións entretidas e divertidas para tódolos públicos.
A
segunda actuación, prevista para o venres 26 de maio correrá a cargo de Las
Lollipops & piano cunha proposta musical en homenaxe ao trio vocal "The
Andrew Sisters", especialistas en swing, boogie-woogie, e novidosos hits
con selo persoal....
O programa continuará o venres 2 de xuño con Amparo Arias e Roger de Flor; feneses, irmáns e socios musicais,
que amosan no seu espectáculo conxunto a súa particular maneira de entender a
vida, a música e a arte a través de cancións dos seus respectivos traballos
discográficos, con algunhas adaptacións de xoais ocultas do pop-folk galego e
universal, a algún que outro poema musicado.
Sons Diversos concluirá o venres 9 de xuño coa
actuación de Sofía Espiñeira Trío;
cantautora mugardesa gañadora do II Certame de Canción de autor en galego do
concello de Teo, no ano 2015, que presentará no noso concello o seu primeiro
traballo discográfico.
Todas as actuacións terán lugar ás 20.00
horas e enmárcanse dentro do programa "Cultura no Camiño" 2017.
Organiza: Concellería de Cultura de Fene