Seis
ximnastas do club fenés tomaron parte na competición que tivo lugar no pavillón
do Campus de Elviña
A ximnasta do Club Ximnasia Artística
Ferrolterra Ainhoa Tenreiro Mosquera acadou esta pasada fin de semana dúas
medallas de ouro en chan e barra de equilibrio e medalla de prata en
asimétricas, no III Torneo de Ximnasia Universidade da Coruña. A deportista do
club fenés conseguiu ademais o primeiro posto no cómputo dos catro aparatos da
xeral na súa categoría, Promogym 3.
Pero esta non foi a única
participación destacada das ximnastas fenesas no torneo celebrado o sábado 13
de maio no pavillón do Campus de Elviña. Segundo informa o club, a
representación fenesa -atendendo ao reglamento do Torneo- foi de seis
ximnastas, o máximo permitido. Así, tomaron parte no encontro: Alba
González Gorgullo, Lola Caínzos Díaz e Andrea Martín Iglesias (Nivel 1_8 e 9
anos), Judith Lago Varela (Nivel 2_Maiores) e Paula Parada Rodríguez e Ainhoa
Tenreiro Mosquera (Promogym 3).
“Todas as
nosas ximnastas estiveron excelentes, a pesar dos nervios por ser o primer
torneo do ano , amais de que se estreaban a maioría en categoría ou nivel de competición”,
salienta o club en nota de prensa.
Neste Torneo participaron,
ademáis do Club Ximnasia Ferrolterra, o club organizador que foi o Universidade
da Coruña, o club escola Universidade Da Coruña, os clubes madrileños Aluche e
Coslada, o de Badaxoz, o club Bled--Aix, o Bayo Sil do Bierzo, o club de
ximnasia Tempo da Coruña e Sada e o club Real Grupo de Cultura Covadonga, de
Gijón.