O
pavillón da Xunqueira de San Valentín acolleu o pasado domingo, 28 de maio, a XXIV
Milla Escolar “Concello de Fene” coa participación de preto de 400 nenos/as de
Fene e comarca. A Concellería de Deportes de Fene organiza cada ano esta proba
coa finalidade de mesturar deporte e diversión pero, sobre todo, de promover
hábitos saudables entre a mocidade.
Tradicionalmente,
a Milla Escolar “Concello de Fene” ten lugar polas rúas do barrio de San
Valentín aínda que este ano, por mor das previsións meteorolóxicas, trasladouse
ao interior do pavillón polideportivo.
Ao
remate de cada carreira, todos os/as participantes recibiron cadansúa medalla
e, ao remate da proba, entregáronse trofeos aos tres primeiros clasificados das
categorías Alevín (5º e 6º de Primaria), Infantil (1º e 2º da ESO) e Cadete (3º
e 4º da ESO), que foron:
CATEGORÍA: ALEVÍN (aulas 5º
e 6º de Primaria) MASCULINO
1º
Brais Varela Dalama (Ceip O Ramo)
2º
Raúl Lorenzo Fernández (Ceip O Ramo)
3º
Yago Marcos Rodríguez (CPI A Xunqueira)
CATEGORÍA: ALEVÍN (aulas 5º
e 6º de Primaria) FEMININO
1º
Marta Ventura Santos (Jorge Juan)
2º
Alicia Barreiro López (Ceip Centieiras)
3º
Sara Pouso Pantín (CPI A Xunqueira)
CATEGORÍA: INFANTIL (1º e 2º
da ESO) MASCULINO
1º
David Parga Torrente (I. Libre)
2º
Pablo Díaz Coira (I. Libre)
3º
Javier Morado Lamas (CPI A Xunqueira)
CATEGORÍA: CADETE (3º e 4º
da ESO) FEMININO
1º
Digo Filipe Marques Fomseca (I. Libre)