As
escolas municipais de piano e guitarra 2016/17 do Concello de Fene chegan ao
seu fin. Por este motivo, a Concellería de Cultura organiza para mércores, 31
de marzo, un concerto de piano e para o xoves, 1 de xuño, un recital de
guitarra. Ambos os dous festivais serán no salón de actos da Casa da Cultura de
Fene e terán como protagonistas aos/ás alumnos/as das devanditas escolas.
En
primeiro lugar, o mércores desta semana, actuará o alumnado da escola municipal
de piano, baixo a dirección dos mestres Amalia Guerrero e Miguel Pita. No
concerto, que comezará ás 17.30 horas, escoitaranse temas clásicos coma o
Canon, de Pachelbel, o Para Elisa, de Beethoven, ou o Can can, de Offenbach.
Tamén soarán composicións de pop-rock máis modernas (“Bailando”, de Enrique
Iglesias, “Nothing else matters”, de Metallica, ou “Yesterday”, de The Beatles)
e temas de bandas sonoras (“Piratas del Caribe BS”, “Let it go” (Frozen), “La
pantera rosa BS”, etc).
A continuación,
o xoves, será o concerto de guitarra. Comezará ás 16.30 horas e baixo a
dirección do mestre Daniel Adzemian.
Neste segundo recital, os/as alumnos/as da escola municipal de guitarra
interpretarán temas clásicos (“Bourée in E minor”, de J.S. Bach, “La donna e
mobile”, de G. Verdi), populares (“Flor de almendro”, “Gatitos”, “A saia da
Carolina”) e tamén modernos (“Smoke on the water”, de Deep Purple, “Black or
white”, de Michael Jackson ou “Day tripper”, de Lennon-Mcartney)-