Pin It

Widgets

EXPOSICIÓN AS BESTAS DA REDENCIÓN. OS DOCE TRABALLOS DE HÉRCULES NA CASA DO CONCELLO



O Salón de Plenos da Casa do Concello acolle dende este venres, 2 de xuño, a exposición “As Bestas da Redención. Os doce traballos de Hércules”. Trátase da primeira exposición de Teo Castro e Sara Alonso, dous artistas feneses que empregan o debuxo como ferramenta de creación artística e vehículo de expresión. A mostra inaugúrase este mesmo venres ás 18 horas e poderá visitarse no Concello de Fene até o vindeiro 30 de xuño, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

“As bestas da redención. Os doce traballos de Hércules” configúrase ao redor de “doce ilustracións que representan cada un dos, tamén, doce traballos hercúleos”. A exposición trasládanos a un mundo onírico, creado por estes dous artistas feneses, que centran a súa mirada e atención no bestiario Herculino. O resultado son unhas imaxes cheas de forza e enerxía que nos levan por ese mundos mitolóxicos.

O proxecto, dirixido pola responsable do Taller de Creación Artística “Laudas Calamity” de Fene, Laura Bouza, comezou en novembro do pasado ano “coa idea de crear un álbum ilustrado/ libro obxecto”.

Segundo Laura Bouza, “a delicadeza e preciosismo de Teo Castro contraponse á mancha e fereza de Sara que nos fai soñar perdéndonos no interior deses fondos indeterminados e infinitos”. As ilustracións foron realizadas en técnica mixta e nelas o debuxo é o verdadeiro protagonista, o que reafirma a idea do debuxo procesual.

En definitiva, “As Bestas da Redención. Os doce traballos de Hércules” pretende poñer en valor o proceso de creación artística onde cada unha das ilustracións é o resultado dunha procura de contido e estética”.
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.