A Concellería de Deportes de Fene anuncia para este
domingo, 2 de xullo, a XXV edición do Día do Deporte na Rúa. A xornada, que
incluirá múltiples actividades deportivas e de lecer para todos os públicos,
desenvolverase de 10.30 a 14.00 horas na avenida do Tarrío, rúa San Salvador,
pista polideportiva municipal de Perlío e pista do colexio Jorge Juan. No caso
de choiva, trasladaríase ao interior do pavillón A Xunqueira de San Valentín.
Baloncesto, baloncesto en cadeira de rodas, rugby,
fútbol, fútbol inchable, fútbol electrónico, slackline, actividades de loita
(esgrima de foam por equipos), jugger (xogo de pelota e loita con armas
simuladas), espazo artístico (pintadas, decora a túa camiseta), patinaxe en
liña e acrobático, deportes de raqueta (tenis de mesa, bádminton, indiaka,
shuttleball), circuito de karts a pedal, zumba e xogos musicais galegos
(pingacho, carioca,…). Son algunhas das propostas que o Concello de Fene
anuncia para este domingo, no marco do XXV Día do Deporte na Rúa.
Tamén haberá nesta edición espazos para a ximnasia
artística, inchables, chave, obradoiro de chapas, voleibol xigante, obradoiro
de circo, tiro con arco, atletismo divertido, xogos tradicionais galegos,
obradoiro de enredos e xoguetes, xogos infantís (de construción xigantes,
bloques, jengas, emparellados, puzle xigante), obradoiro de nutrición e bebidas
refrescantes, obradoiro de valoración funcional (actiolimpiadas), etc.
Coma todos os anos, as persoas que participen en
tres actividades, poderán coller a súa camiseta, até esgotar existencias (repartiranse
1100 camisetas)
ORGANIZA: CONCELLO DE FENE (CONCELLERÍA DE
DEPORTES)
COLABORA: CCRD DE PERLÍO, COLEXIO CPR JORGE JUAN
PERLÍO, AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA