A
Corporación Municipal de Fene recibe este xoves ao profesorado e alumnado do
CPI A Xunqueira e do IES de Fene que participou na First Lego League e noutros concursos de robótica. O acto terá
lugar o xoves, 22 de xuño, ás 12.00 horas no salón de plenos da Casa do
Concello.
O
equipo Eco Keepers, do colexio A Xunqueira acadou neste curso 2016-17 o premio
da Universidade da Coruña ao Proxecto Científico (fase autonómica da First Lego
League) e o premio Gabadi ao Comportamento do Robot (fase autonómica da First
Lego League).
Pola
súa banda, o equipo Fire Detectors, do mesmo centro, fíxose co 1º Premio
Fundación Scientica ao gañador da fase autonómica da First Lego League, xunco
co premio Global Innovation Award (fase autonómica da First Lego League). Este
último galardón “é un pase de representación de Galicia para participar no
Global Innovation Award”, certame ao que concurren aqueles proxectos
científicos “que o xurado considera que son os máis adecuados para levar á vida
real”.
Tamén
foi sobresaínte a participación do IES de Fene na First Lego League. O equipo
deste centro, formado por oito alumnos/as, acadou o premio de equipo de “Mellor
deseño e comportamento do robot”. Ademais, foi primeiro no concurso de robótica
Mecano, da Universidade da Coruña, e participou nas actividades e concurso de
robótica da Fundación Barrié de la Maza e no concurso STEM da Xunta de Galicia.
Deste último, aínda non se fixo público o fallo.