A ACTIVIDADE, PREVISTA PARA O MARTES 24 DE OUTUBRO ÁS
18 HORAS, ESTÁ DIRIXIDA A NENOS/AS DE 3 A 10 ANOS
"As
Parábolas de Pakolas" é un espectáculo de pequeno formato no que Paco
Cerdeiras, “Pakolas”, interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios
para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que
entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os mais
pequenos. O eixo fundamental radica na combinación das cancións coas historias
e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no
conxunto, unha fermosa "parábola" musical da que aprender e na que
pensar.
A actividade,
prevista para o vindeiro martes 24 de outubro ás 18 horas, está dirixida a
nenos/as de 3 a 10 anos. A entrada será libre até completar o aforo.
As parábolas de
Pakolas encádrase dentro do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
DÍA
DA BIBLIOTECA 2017
Desde
1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da
Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do
Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo
incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para
trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro
dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora
da formación e a convivencia humana.
Cada
ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a
redacción do pregón e o deseño do cartaz que se difunde entre todas as
bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano os elexidos foron o
Premio Nacional de Literatura Infantil 2016, Alejandro Palomas, e o ilustrador
Manuel Marsol, último gañador do Premio Internacional de Ilustración Feira de
Bolonia-Fundación SM.